Dende o concello ofrecen unha nova actividade de dinamización do uso da lingua galega para o público familiar este luns que vén, 12/10/2026 ás 19.00 h no Auditorio Municipal.
As nenas e os nenos de Ribeira, coas súas familias, van gozar dunha nova proposta da Rede de Dinamización Lingüística.
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ribeira presta especial atención á transmisión do uso do galego, as familias novas e quen acaban de chegar a Galicia son o foco onde facer medrar a lingua. Con esta proposta dáselle luz unha vez máis á importancia da música e do teatro, escoitar, aprender, repetir, xogar, a transmisión oral, para dinamizar o uso da lingua galega coas persoas máis pequenas da casa.
A nena e o grilo camiño das cores. Magín Blanco e Teatro Ghazafelhos
FalaRedes 2026
Data: 12/10/2026
Hora: 19.00 h
Lugar: Auditorio Municipal de Ribeira
Entrada libre e gratuíta ata completar a capacidade da sala (abriranse as portas do Auditorio media hora antes de comezar a función para facilitar o acceso)
E... Haberá un regaliño pequeniño para quen veñades!
Unha aperta!
Alicia Padín Otero
Servizo de Normalización Lingüística
Concello de Ribeira
Centro Cultural Lustres Rivas
R/ Manuel Lustres Rivas, 20, 2º. 15960 Ribeira
Tel. 981835650
normalizacion@ribeira.gal