Novidades de ANPA Palmeira

Novidades de ANPA Palmeira

Neste apartado mostrámosche todas as novas e novidades relacionadas coa nosa asociación de nais e pais do CEIP Plurilingüe de Palmeira.

18 Nov

Charla de Alberto Soler: móbiles, pantallas e redes

18/11/2026 Actividades fóra da escola

Desde Boiro en Familia, un programa do Concello de Boiro, dentro do proxecto Enclave, que acompaña as familias na crianza e na adolescencia envíannnos esta información. Queren convidar as familias a unha charla que pode interesarlles moito: ?? Móbiles, pantallas e redes: claves prácticas para acompañar a nenos, nenas e adolescentes no mundo dixital ?? Seguro que algunha destas preguntas vos soa:- Cando é o momento de darlle o primeiro móbil?- Canto tempo de pantalla é demasiado?- Como pór lím...

Ler máis

Festival solidario: Charity Chritmas 17 Nov

Festival solidario: Charity Chritmas

17/11/2026 Actividades fóra da escola

O domingo 6 de decembro ás 19:00 horas tendes unha cita que non vos podedes perder.  Será o festival solidario organizado por Kids&Us en colaboración co Concello de Ribeira a favor da Fundación ANDREA cunha entrada solidaria de 5€.  Reserva a túa praza. Algúns dos nosos alumnos do CEIPP de Palmeira serán protagonistas. https://youtu.be/0eOjC-aPV-U?si=zOQaLHN9ECnRrEmn

Ler máis

Tardea con Barbantea: Prevención do suicidio e das conductas autolíticas nas persoas neurodiverxentes 5 Nov

Tardea con Barbantea: Prevención do suicidio e das conductas autolíticas nas persoas neurodiverxentes

05/11/2026 Actividades fóra da escola

Remitimos o próximo TARDEA CON BARBANTEA. Tardea con BarbanTEA: prevención do suicidio e das condutas autolíticas nas persoas neurodiverxentes O 14 de novembro con Carmen González Hermo, psicóloga colexiada e experta en psicoloxía de emerxencias, TEA, dificultades de aprendizaxe e dano cerebral adquirido, para abordar este tema e resolver dúbidas das persoas asistentes. ?? 14 de novembro, de 17.30 a 19.30 h?? Lab Barbanza. Polígono Industrial de Espiñeira, parcela 20, Boiro. Organiza: Barban...

Ler máis

Aprazado: Samaín no Parque Natural 26 Out

Aprazado: Samaín no Parque Natural

26/10/2026 Actividades fóra da escola

Bo día! Con motivo da celebración do ?? Samaín, desde o Parque Natural Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán, queren convidarvos a participar en «O Camiño das Ánimas», unha xincana temática coa que poderedes gozar dunha experiencia diferente, chea de misterio, lendas e tradicións galegas. Cando chega o Samaín, a liña que separa o mundo dos vivos do mundo dos mortos vólvese tan fina que as ánimas dos devanceiros poden regresar para visitar os seus antigos fogares. Pero este a...

Ler máis

Taller sobre sexualidade para rapazada de 10 a 13 anos 20 Out

Taller sobre sexualidade para rapazada de 10 a 13 anos

20/10/2026 Actividades fóra da escola

Achegamos información sobre o taller gratuíto que se realizará este venres en Rianxo dirixido a rapazada de 10 a 13 anos, tanto neurotípica como neurodiversa: ??? O mapa da túa sexualidadeMedrar trae cambios, preguntas e curiosidade. Ter información e poderfalar de sexualidade con naturalidade e respecto é parte da educación e do coidado. Nesta nova cita de Tardea con BarbanTEA, convidan a rapazada de 10 a 13 anos a un taller con Laura Veiga, xornalista, sexóloga, divulgadora e muller autista,...

Ler máis

Decora a túa cabaza: Pumpkin paiting party 19 Out

Decora a túa cabaza: Pumpkin paiting party

19/10/2026 Actividades de interese na escola

Xoves 22 de outubro de 16:15 a 17:45 horas no salónde actos do CEIPP de Palmeira terá lugar a primeira edición de Pumping painting party.  Decora a túa cabaza con Creative Conversation by Delish, integramente en inglés e con cabaza e decoracións incluidas por tan só 20 € por neno.  Anotadevos no teléfono da ANPA. Non volo podedes perder. 

Ler máis