Novidades de ANPA Palmeira

Novidades de ANPA Palmeira - Páxina 4

Neste apartado mostrámosche todas as novas e novidades relacionadas coa nosa asociación de nais e pais do CEIP Plurilingüe de Palmeira.

24 Abr

Exposición de orquideas silvestres de Galicia no parque natural

24/04/2025 Actividades fóra da escola

O sábado 26 de abril, vai ter lugar na Casa da Costa (centro de recepción de visitantes do Parque Natural Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán), a inauguración da exposición Orquídeas Silvestres de Galicia de Ramón Carlos Encisa Fraga.  A inauguración terá lugar as 17:30 na Casa da Costa onde contarán coa presenza do autor da imaxes e onde se realizará a visualización dun vídeo explicativo.  Esta estará exposta dende o Sábado 26 de abril ao 1 de Xuño de 2025.    

Ler máis

Música e contos con Vero Rilo e Luís Iglesias 24 Abr

Música e contos con Vero Rilo e Luís Iglesias

24/04/2025 Actividades fóra da escola

Este sábado 26 de abril ás 12.00 h hai unha magnífica proposta para toda a familia no Lustres. Vero Rilo e Luís Iglesias veñen a Ribeira traeren unha magnífica actividade de dinamización do uso da lingua galega, música e contos cos que aprender novas palabras e novos ritmos que despois repetiremos na casa cos nosos nenos e as nosas nenas. Pelica de burra. Vero Rilo e Luís Iglesias FalaRedes 2025. Rede de Dinamización Lingüística Contacontos musical para nenos e nenas a partir de 3 anos coas s...

Ler máis

Campamento Concilia en Maio 21 Abr

Campamento Concilia en Maio

21/04/2025 Actividades de interese na escola

Tes problemas para poder conciliar a túa vida familiar e laboral este día 2 de  maio non lectivo.  Ofrecémoste unha oportunidad única para resolver este problema.  No CEIPP de Palmeira os días 1 e 2 de maio de 09:00 a 14:00 horas. Anótate no noso teléfono: 650199162 SI436C- Axudas económicas ás ANPA: programa do Plan Corresponsables a desenvolver polas asociacións de nais e pais Actuación financiada pola Dirección Xeral de Promoción da Igualdade en desenvolvemento do Plan Corresponsables

Ler máis

Obradoiro infantil polo Día dás Artes Galegas 2 Abr

Obradoiro infantil polo Día dás Artes Galegas

02/04/2025 Actividades fóra da escola

No mes de abril conmemórase do Día das Artes Galegas que neste ano honra a Isaac Díaz Pardo. En Ribeira comeza esta sentida homenaxe o sábado 5 de abril cun obradoiro para nenos e nenas a partir de 3 anos acompañados das súas familias. Imos coñecer a vida e obra de Isaac, e participar nun novo Laboratorio de Formas na súa honra pintando cerámica que levaremos para a casa. Pequeno Laboratorio de Formas. Electra Menéndez Para nenos e nenas de 3 anos en diante coas súas familias Sábado, 05/05/2...

Ler máis