Novidades de ANPA Palmeira

Andaina solidaria a favor de Barbantea

Publicado: 24 de marzo de 2026, 14:56
  1. Actividades fóra da escola
Andaina solidaria a favor de Barbantea

Este ano dende Barbantea están organizando unha andaina aínda máis especial. E dinnos o seguinte:

"Queremos propoñervos ós centros educativos da nosa comarca unha proposta, unha idea, para poder ensinarlle ó mundo que a infancia e a xuventude do BARBANZA están a prol dunha sociedade máis aberta, máis inclusiva, máis
diversa, e máis libre. A idea que vos propoñemos dende BARBANTEA é que organicedes unha delegación ou representación da rapazada dos vosos centros. Qué se sumen a unha andaina que está feita por e para eles e elas, que lle digan á esta sociedade que os seus compañeiros e compañeiras autistas suman, que merecen o mesmo respeto e a mesma calidade de ensinanza que calquera outro neno e nena, que enriquecen o seu día a día, que son un elemento importante á hora de forxar un carácter máis aberto e inclusivo de cara ós futuros adultos e adultas.
Porque eles e elas son o mellor exemplo das persoas que están por vir, persoas libres para ser, pensar e sentir, para poder expresar as súas inquedanzas, os seus soños e ilusións, sen medo a que sean rexeitados porque ven a vida dunha maneira distinta.
Por iso, agradecemos moi sinceramente dende a Asociación de Trastornos do Espectro Autista do Barbanza - BARBANTEA, que lle deades a maiordifusión ó noso evento anual da ANDAINA DE CELEBRACIÓN DO DÍA DO AUTISMO que vai ter lugar o día 12 de abril ás 10:00 en Ribeira, no Parque García Bayón.
Parécenos sumamente importante que, sobre todo, os nosos nenos e nenas, os nosos/as adolescentes expresen alto e forte que queren unha sociedade no que todos  e todas teñamos cabida."

Noticias relacionadas

A nena e o grilo. Camiño das cores. 9 Out

A nena e o grilo. Camiño das cores.

Dende o concello ofrecen unha nova actividade de dinamización do uso da lingua galega para o público familiar este luns que vén, 12/10/2026 ás 19.00 h no Auditorio Municipal. As nenas e os nenos de Ribeira, coas súas familias, van gozar dunha nova proposta da Rede de Dinamización Lingüística. O
X Xornadas anuais TDAH Sanlés 7 Out

X Xornadas anuais TDAH Sanlés

Boas,  Dende a Asociación Tdah Salnés remitennos esta presentación inicial das X XORNADAS ANUAIS “CAMIÑANDO NO TEMPO”, sobre Tdah y otras neurodiverxencias , que tendrán lugar o vindeiro sábado 24 de octubre de 2026, no Auditorio do Concello de Cambados, organizadas pola Asociación Tdah
Charla: Autismos de maior nivel de necesidade 22 Set

Charla: Autismos de maior nivel de necesidade

Bo día: Comunicamos a realización do seguinte evento a Asociación de Trastornos do Espectro Autista do Barbanza - BarbanTEA. Volven os Tardea con BarbanTEA! «Autismos de maior nivel de necesidade» Que implica que unha persoa autista precise apoios intensos? Como podemos comprender mellor as
Excursión Granxa Escola de Bergando 2 Xuño

Excursión Granxa Escola de Bergando

Este ano para rematar o curso promovemos unha excursión de convicencia con todas as familias interesadas en pasar un bo rato connosco.  Anotádevos no teléfono da ANPA antes do días 5 de xuño.  PLAZAS LIMITADAS.