Novidades de ANPA Palmeira

Alondra Teatro: O Merlo Branco

Publicado: 20 de maio de 2025, 13:52
  1. Actividades fóra da escola
Alondra Teatro: O Merlo Branco

Por fin temos carteliño!!! Estes rapaces e rapazas traballaron arreo para ofrecernos cartel da súa próxima función. Lembrade, o 24 de maio na Sociedade Hijos de Palmeira ás sete e media da tarde. Abren portas media horiña antes. O autor, Cándido Pazó estará con nós para presentar a obra e nos ha de contar algunha historia.... Ademáis sortearanse regaliños doados por empresas locais... Seguro que o próximo sábado non tendes nadiña mellor que facer! Vinde ao teatro!!!


Colaboran a @anpa_ceipp_palmeira e @educacionconcello de Ribeira.

Noticias relacionadas

Charla de Alberto Soler: móbiles, pantallas e redes 18 Nov

Charla de Alberto Soler: móbiles, pantallas e redes

Desde Boiro en Familia, un programa do Concello de Boiro, dentro do proxecto Enclave, que acompaña as familias na crianza e na adolescencia envíannnos esta información. Queren convidar as familias a unha charla que pode interesarlles moito: ?? Móbiles, pantallas e redes: claves prácticas para
Festival solidario: Charity Chritmas 17 Nov

Festival solidario: Charity Chritmas

O domingo 6 de decembro ás 19:00 horas tendes unha cita que non vos podedes perder.  Será o festival solidario organizado por Kids&Us en colaboración co Concello de Ribeira a favor da Fundación ANDREA cunha entrada solidaria de 5€.  Reserva a túa praza. Algúns dos nosos alumnos do CEIPP de
Tardea con Barbantea: Prevención do suicidio e das conductas autolíticas nas persoas neurodiverxentes 5 Nov

Tardea con Barbantea: Prevención do suicidio e das conductas autolíticas nas persoas neurodiverxentes

Remitimos o próximo TARDEA CON BARBANTEA. Tardea con BarbanTEA: prevención do suicidio e das condutas autolíticas nas persoas neurodiverxentes O 14 de novembro con Carmen González Hermo, psicóloga colexiada e experta en psicoloxía de emerxencias, TEA, dificultades de aprendizaxe e dano cerebral
Aprazado: Samaín no Parque Natural 26 Out

Aprazado: Samaín no Parque Natural

Bo día! Con motivo da celebración do ?? Samaín, desde o Parque Natural Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán, queren convidarvos a participar en «O Camiño das Ánimas», unha xincana temática coa que poderedes gozar dunha experiencia diferente, chea de misterio, lendas e