Novidades de ANPA Palmeira

Charla: Autismos de maior nivel de necesidade

Publicado: 22 de setembro de 2026, 11:17
  1. Actividades fóra da escola
Charla: Autismos de maior nivel de necesidade

Bo día:

Comunicamos a realización do seguinte evento a Asociación de Trastornos do Espectro Autista do Barbanza - BarbanTEA.

Volven os Tardea con BarbanTEA!

«Autismos de maior nivel de necesidade»

Que implica que unha persoa autista precise apoios intensos? Como podemos comprender mellor as súas necesidades e acompañala de maneira respectuosa e eficaz?

Nesta charla, Miguel Lois Mosquera, doutor en Psicoloxía especializado en autismo e neurodiversidade, abordará aspectos fundamentais para comprender os autismos con maiores necesidades de apoio:

?? A sensorialidade.
?? Os sistemas aumentativos e alternativos de comunicación (SAAC).
?? As habilidades da vida diaria.
?? A conduta, a súa función e o que pode estar intentando comunicar.

Un encontro dirixido especialmente a familias e persoas coidadoras, no que poderemos adquirir ferramentas, compartir experiencias e formular dúbidas sobre situacións reais do día a día.

?? 26 de setembro
?? De 17.00 a 19.00 horas
?? Lab Barbanza
Polígono Industrial de Espiñeira, parcela 20, Boiro
Graciñas e un saúdo
Patricia Davila, ASOCIACIÓN BARBANTEA

Noticias relacionadas

A nena e o grilo. Camiño das cores. 9 Out

A nena e o grilo. Camiño das cores.

Dende o concello ofrecen unha nova actividade de dinamización do uso da lingua galega para o público familiar este luns que vén, 12/10/2026 ás 19.00 h no Auditorio Municipal. As nenas e os nenos de Ribeira, coas súas familias, van gozar dunha nova proposta da Rede de Dinamización Lingüística. O
X Xornadas anuais TDAH Sanlés 7 Out

X Xornadas anuais TDAH Sanlés

Boas,  Dende a Asociación Tdah Salnés remitennos esta presentación inicial das X XORNADAS ANUAIS “CAMIÑANDO NO TEMPO”, sobre Tdah y otras neurodiverxencias , que tendrán lugar o vindeiro sábado 24 de octubre de 2026, no Auditorio do Concello de Cambados, organizadas pola Asociación Tdah
Excursión Granxa Escola de Bergando 2 Xuño

Excursión Granxa Escola de Bergando

Este ano para rematar o curso promovemos unha excursión de convicencia con todas as familias interesadas en pasar un bo rato connosco.  Anotádevos no teléfono da ANPA antes do días 5 de xuño.  PLAZAS LIMITADAS.