Novidades de ANPA Palmeira

Charla. Sexualidades e autismo

Publicado: 13 de novembro de 2025, 10:27
  1. Actividades fóra da escola
Charla. Sexualidades e autismo

Remitimos información dunha charla que nos parece sumamente importante para
o colectivo xuvenil e adolescente da nosa comarca, versa sobre a
sexualidade e os seus retos nesta franxa de poboación e dende a
perspectiva da Condición Autista. Como nos parece unha gran
oportunidade, tanto para as persoas como para as familias, para entender
máis polo miúdo un tema tan controvertido e que desperta tantas dúbidas
e preguntas. Esperamos contar con todo o voso apoio e colaboración, para
calquer pregunta sobre a charla, estaremos encantados de atendervos.


A charla vaina a dar unha profesional psicosexóloga, Martina González
Veiga, que conta cun Gabinete de Sexoloxía en Santiago de Compostela
"Con mucho gusto". Ten ampla formación e experiencia nas terapias sobre
sexualidade, consideramos que é unha oportunidade inmellorable para
obter información, desbotar mitos, e  resolver dúbidas.


É unha charla de asistencia libre. Non fai falta anotarse.
E contaremos con servizo de cafés e augas, ademáis dalgún petisco.

Día: 22 de novembro,

Hora de celebración: 18:30

Lugar do evento: Auditorio da Biblioteca Pública da Pobra do Caramiñal.

 

Noticias relacionadas

Charla de Alberto Soler: móbiles, pantallas e redes 18 Nov

Charla de Alberto Soler: móbiles, pantallas e redes

Desde Boiro en Familia, un programa do Concello de Boiro, dentro do proxecto Enclave, que acompaña as familias na crianza e na adolescencia envíannnos esta información. Queren convidar as familias a unha charla que pode interesarlles moito: ?? Móbiles, pantallas e redes: claves prácticas para
Festival solidario: Charity Chritmas 17 Nov

Festival solidario: Charity Chritmas

O domingo 6 de decembro ás 19:00 horas tendes unha cita que non vos podedes perder.  Será o festival solidario organizado por Kids&Us en colaboración co Concello de Ribeira a favor da Fundación ANDREA cunha entrada solidaria de 5€.  Reserva a túa praza. Algúns dos nosos alumnos do CEIPP de
Tardea con Barbantea: Prevención do suicidio e das conductas autolíticas nas persoas neurodiverxentes 5 Nov

Tardea con Barbantea: Prevención do suicidio e das conductas autolíticas nas persoas neurodiverxentes

Remitimos o próximo TARDEA CON BARBANTEA. Tardea con BarbanTEA: prevención do suicidio e das condutas autolíticas nas persoas neurodiverxentes O 14 de novembro con Carmen González Hermo, psicóloga colexiada e experta en psicoloxía de emerxencias, TEA, dificultades de aprendizaxe e dano cerebral
Aprazado: Samaín no Parque Natural 26 Out

Aprazado: Samaín no Parque Natural

Bo día! Con motivo da celebración do ?? Samaín, desde o Parque Natural Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán, queren convidarvos a participar en «O Camiño das Ánimas», unha xincana temática coa que poderedes gozar dunha experiencia diferente, chea de misterio, lendas e