Novidades de ANPA Palmeira

CHARLA XOVES 4 DECEMBRO ÁS 18:30 "TRABALLO SOCIAL, DISCAPACIDADE, DEPENDENCIA E AXUDAS"

Publicado: 03 de decembro de 2025, 09:54
  1. Actividades fóra da escola
CHARLA XOVES 4 DECEMBRO ÁS 18:30 "TRABALLO SOCIAL, DISCAPACIDADE, DEPENDENCIA E AXUDAS"

Bos días,

Aquí estamos de novo cunha nova charla que nos parece sumamente interesante. Xunto coa colaboración dos compañeiros da Asociación Asperga, organizan unha nova charla cunha temática que nos parece moi necesaria para todas aquelas familias que necesiten máis información sobre todas as axudas e procesos a seguir cando se ten un
membro con diversidade.

Esperamos que vos sexa moi esclarecedora e vos sirva para resolver dúbidas e consultas.

Agardamos a vosa presenza.

Lugar de celebración: Centro Social de Cabo de Cruz - Boiro.

4 de decembro ás 18:30.

E non fai falla anotarse en ningún lado, só é preciso asistir.

Noticias relacionadas

Charla de Alberto Soler: móbiles, pantallas e redes 18 Nov

Charla de Alberto Soler: móbiles, pantallas e redes

Desde Boiro en Familia, un programa do Concello de Boiro, dentro do proxecto Enclave, que acompaña as familias na crianza e na adolescencia envíannnos esta información. Queren convidar as familias a unha charla que pode interesarlles moito: ?? Móbiles, pantallas e redes: claves prácticas para
Festival solidario: Charity Chritmas 17 Nov

Festival solidario: Charity Chritmas

O domingo 6 de decembro ás 19:00 horas tendes unha cita que non vos podedes perder.  Será o festival solidario organizado por Kids&Us en colaboración co Concello de Ribeira a favor da Fundación ANDREA cunha entrada solidaria de 5€.  Reserva a túa praza. Algúns dos nosos alumnos do CEIPP de
Tardea con Barbantea: Prevención do suicidio e das conductas autolíticas nas persoas neurodiverxentes 5 Nov

Tardea con Barbantea: Prevención do suicidio e das conductas autolíticas nas persoas neurodiverxentes

Remitimos o próximo TARDEA CON BARBANTEA. Tardea con BarbanTEA: prevención do suicidio e das condutas autolíticas nas persoas neurodiverxentes O 14 de novembro con Carmen González Hermo, psicóloga colexiada e experta en psicoloxía de emerxencias, TEA, dificultades de aprendizaxe e dano cerebral
Aprazado: Samaín no Parque Natural 26 Out

Aprazado: Samaín no Parque Natural

Bo día! Con motivo da celebración do ?? Samaín, desde o Parque Natural Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán, queren convidarvos a participar en «O Camiño das Ánimas», unha xincana temática coa que poderedes gozar dunha experiencia diferente, chea de misterio, lendas e