Novidades de ANPA Palmeira

Contacontos: Contacontos ilustrado. Homenaxe a Xosé Vizoso”. Polo Correo do Vento

Publicado: 30 de xaneiro de 2025, 19:50
  1. Actividades fóra da escola
Contacontos: Contacontos ilustrado. Homenaxe a Xosé Vizoso”. Polo Correo do Vento

O Día da Ilustración celébrase cada ano cadrando coa data do nacemento de Castelao. Ademais de lembrar e reivindicar o papel de quen son profesionais da ilustración na industria cultural, homenaxéase un ilustrador ou unha ilustradora de Galicia. Esta edición de 2025 vai dedicada a Xosé Vizoso, que é o primeiro autor homenaxeado en vida.

AVISO IMPORTANTE: Este sábado o contacontos comeza ás 11.00 h

“Contacontos ilustrado. Homenaxe a Xosé Vizoso”. Polo Correo do Vento

Contacontos con música e obradoiro de debuxo para toda a familia (a partir de 3 anos)

Data: Sábado, 01/02/2025

Hora: 11.00 h

Lugar: Centro Cultural Lustres Rivas

Para asistir escribide, por favor, un correo a: normalizacion@ribeira.gal

E haberá regaliños coma sempre para quen veñades!

Vizoso énos ben coñecido, xa veremos como sabemos del moitas cousas, e coñecemos moitas obras, pero ademais con Polo Correo do Vento aprenderemos a facerlle un retrato... Ben, unha caricatura xeitosa! E tamén cantaremos cancións para que sexa a gran festa do debuxo.

Un saúdo

 

Noticias relacionadas

Jornadas Altas Capacidades de Vigo 13 Out

Jornadas Altas Capacidades de Vigo

Tras su primera edición, las Jornadas de Altas Capacidades de Vigo regresan para seguir compartiendo conocimiento, experiencias y nuevas perspectivas sobre las altas capacidades, el desarrollo del talento y la respuesta educativa. Un espacio de encuentro dirigido a profesionales, familias y todas
A nena e o grilo. Camiño das cores. 9 Out

A nena e o grilo. Camiño das cores.

Dende o concello ofrecen unha nova actividade de dinamización do uso da lingua galega para o público familiar este luns que vén, 12/10/2026 ás 19.00 h no Auditorio Municipal. As nenas e os nenos de Ribeira, coas súas familias, van gozar dunha nova proposta da Rede de Dinamización Lingüística. O
X Xornadas anuais TDAH Sanlés 7 Out

X Xornadas anuais TDAH Sanlés

Boas,  Dende a Asociación Tdah Salnés remitennos esta presentación inicial das X XORNADAS ANUAIS “CAMIÑANDO NO TEMPO”, sobre Tdah y otras neurodiverxencias , que tendrán lugar o vindeiro sábado 24 de octubre de 2026, no Auditorio do Concello de Cambados, organizadas pola Asociación Tdah
Charla: Autismos de maior nivel de necesidade 22 Set

Charla: Autismos de maior nivel de necesidade

Bo día: Comunicamos a realización do seguinte evento a Asociación de Trastornos do Espectro Autista do Barbanza - BarbanTEA. Volven os Tardea con BarbanTEA! «Autismos de maior nivel de necesidade» Que implica que unha persoa autista precise apoios intensos? Como podemos comprender mellor as