Novidades de ANPA Palmeira

Contacontos "Os contos de William Shakespeare”. Pedras de Cartón

Publicado: 17 de abril de 2024, 00:00
  1. Actividades fóra da escola
Contacontos "Os contos de William Shakespeare”. Pedras de Cartón

Seguen os contos dos sábados no Centro Cultural Lustres Rivas e este sábado 20 de abril ímoslles achegar a obra de Shakespeare ás persoas máis pequenas da casa.

Isto si que vai ser incrible!! Shakespeare para nenos e nenas!!

“Os contos de William Shakespeare”. Pedras de Cartón

Narración oral e teatro de obxectos.

Data: sábado 20 de abril

Hora: 12.00 h

Lugar: Centro Cultural Lustres Rivas

Público de 3 a 12 anos coas súas familias

Inscricións: normalizacion@ribeira.gal

Pedras de cartón logo de ter recibido o Premio Barroco Infantil por Quixote no Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro crea este espectáculo de pequeno formato que mestura a comedia, teatro de obxectos e a narración oral.

Na función Juan Rodríguez fai un percorrido polas obras máis coñecidas do dramaturgo inglés, adaptadas para toda a familia e cunha linguaxe máis próxima. Deste xeito, abórdanse tres das pezas máis recoñecidas do autor: Romeo e Xulieta contada con teatro de obxectos, Otelo convertendo as personaxes da obra nunhas rechamantes e coloridas letras; e Hamlet, contado en clave de comedia a partir dun peculiar xogo no que ninguén pode gañar.

Noticias relacionadas

A nena e o grilo. Camiño das cores. 9 Out

A nena e o grilo. Camiño das cores.

Dende o concello ofrecen unha nova actividade de dinamización do uso da lingua galega para o público familiar este luns que vén, 12/10/2026 ás 19.00 h no Auditorio Municipal. As nenas e os nenos de Ribeira, coas súas familias, van gozar dunha nova proposta da Rede de Dinamización Lingüística. O
X Xornadas anuais TDAH Sanlés 7 Out

X Xornadas anuais TDAH Sanlés

Boas,  Dende a Asociación Tdah Salnés remitennos esta presentación inicial das X XORNADAS ANUAIS “CAMIÑANDO NO TEMPO”, sobre Tdah y otras neurodiverxencias , que tendrán lugar o vindeiro sábado 24 de octubre de 2026, no Auditorio do Concello de Cambados, organizadas pola Asociación Tdah
Charla: Autismos de maior nivel de necesidade 22 Set

Charla: Autismos de maior nivel de necesidade

Bo día: Comunicamos a realización do seguinte evento a Asociación de Trastornos do Espectro Autista do Barbanza - BarbanTEA. Volven os Tardea con BarbanTEA! «Autismos de maior nivel de necesidade» Que implica que unha persoa autista precise apoios intensos? Como podemos comprender mellor as
Excursión Granxa Escola de Bergando 2 Xuño

Excursión Granxa Escola de Bergando

Este ano para rematar o curso promovemos unha excursión de convicencia con todas as familias interesadas en pasar un bo rato connosco.  Anotádevos no teléfono da ANPA antes do días 5 de xuño.  PLAZAS LIMITADAS.