Novidades de ANPA Palmeira

Contacontos "Zapatiños de cartón e a carta dos bosques"

Publicado: 21 de maio de 2024, 13:17
  1. Actividades fóra da escola
Contacontos "Zapatiños de cartón e a carta dos bosques"

Este sábado 25 de maio ás 12.00 h tera lugar unha sesión de contos no Parque Periurbano de San Roque con Anxo Moure.

Parece que a chuvia vai dar unha tregua para a fin de semana e poderemos aproveitar, ás 12.00 h deste sábado, para pasear por San Roque e escoitar alí os contos. Ao vir de volta aínda chegamos a tempo para ir coller os nosos libros favoritos á Biblioteca Pública Municipal de Ribeira, a hora de peche nos sábados é ás 14.00 h.

“Zapatiños de cartón e a carta dos bosques”. Anxo Moure, o Carballo con Botas

Narración oral para toda a familia á sombra das árbores máis grandes de San Roque

Data: 25 de maio

Hora: 12.00 h (reunímonos na zona de aparcadoiro)

Lugar: Parque Periurbano de San Roque. Ribeira

Zapatiños de cartón é o avó do Carballo con Botas, dono dunha fábrica máxica na que nacen uns zapatiños de cartón cos que camiñar polos libros, polos bosques, polos ríos e sobre todo polo corazón das persoas que queremos.

Vémonos  nos contos!

Noticias relacionadas

Charla informativa 26 Maio

Charla informativa

Bos días, Aquí estamos de novo para presentarvos o vindeiro TARDEA CON BARBANTEA. O día 30 de maio en horario de 17:00 a 20:00 terá lugar unha charla para as familias e as persoas autistas que queiran compartir inquedanzas, experiencias, dúbidas e calquer outra consulta que surxa. Estarán
Acceso ao conservatorio municipal 14 Maio

Acceso ao conservatorio municipal

Bos días, deixamosvos información para o acceso ao conservatorio municipal.    Esperamos que sexa do voso interese. 
Andaina solidaria a favor de Barbantea 24 Mar

Andaina solidaria a favor de Barbantea

Este ano dende Barbantea están organizando unha andaina aínda máis especial. E dinnos o seguinte: "Queremos propoñervos ós centros educativos da nosa comarca unha proposta, unha idea, para poder ensinarlle ó mundo que a infancia e a xuventude do BARBANZA están a prol dunha sociedade máis aberta,
Charla: Xenétca TEA e TDAH 18 Mar

Charla: Xenétca TEA e TDAH

Bos días, estamos encantados de anunciarvos o próximo TARDEA CON BARBANTEA,no que teremos a visita do Doutor Ángel Carracedo, un dos máisprestixiosos xenetistas do panorama nacional. Dará unha charla moiinteresante sobre a relación da Xenética co Autismo e o Tdah. NON épreciso anotarse, é por orde