Novidades de ANPA Palmeira

Espectáculo infantil: Ler Conta Moito

Publicado: 04 de maio de 2025, 15:10
  1. Actividades fóra da escola
Espectáculo infantil: Ler Conta Moito

Bos días:

No mes de abril o Centro Cultural Lustres Rivas énchese de contos para as nenas e os nenos, coas súas familias, que os queiran vir escoitar.

Este sábado 12 de abril ás 12.00 h Raquel Queizás trae ao Lustres o seu espectáculo de narración e monicreques “Travesías”, vainos contar viaxes cheas de aventuras con nenas e mulleres bravas que loitaron contra os prexuízos para conseguir os seus soños.

Travesías. Raquel Queizás. Ler Conta Moito

Espectáculo de narración oral con obxectos e monicreques para nenos e nenas a partir de 3 anos coas súas familias

Data: 12/04/2025

Hora: 12.00 h

Lugar: Centro Cultural Lustres Rivas

Inscrición: normalizacion@ribeira.gal

 

Noticias relacionadas

Excursión Granxa Escola de Bergando 2 Xuño

Excursión Granxa Escola de Bergando

Este ano para rematar o curso promovemos unha excursión de convicencia con todas as familias interesadas en pasar un bo rato connosco.  Anotádevos no teléfono da ANPA antes do días 5 de xuño.  PLAZAS LIMITADAS. 
Charla informativa 26 Maio

Charla informativa

Bos días, Aquí estamos de novo para presentarvos o vindeiro TARDEA CON BARBANTEA. O día 30 de maio en horario de 17:00 a 20:00 terá lugar unha charla para as familias e as persoas autistas que queiran compartir inquedanzas, experiencias, dúbidas e calquer outra consulta que surxa. Estarán
Acceso ao conservatorio municipal 14 Maio

Acceso ao conservatorio municipal

Bos días, deixamosvos información para o acceso ao conservatorio municipal.    Esperamos que sexa do voso interese.