Novidades de ANPA Palmeira

Formación: 1ª xornada sobre o espectro autista.

Publicado: 20 de decembro de 2024, 20:56
  1. Actividades fóra da escola
Formación: 1ª xornada sobre o espectro autista.

Hoxe traemos unha noticia moi moi importante para profesorado e familias. Por fin compartimos esta formación de 8 horas coa psicóloga especialista no espectro autista: Marlene Horna.

Fai pouco falamos dela nunha publicación xa que é un referente tanto a nivel nacional como internacional no autismo. As súas formacións son potentes aprendizaxes e neste caso o tema da formación será a "Comprensión, participación e benestar emocional de nenas/os e adolescentes autistas na escola".

"Ponte no meu lugar: a problemática da dobre empatía e como nos afecta a todos.

O peso da máscara: a necesidade e os custos da camuflaxe social.

A relevancia das alteracións sensoriais no autismo.

Como percibo e entendo o mundo e outros aspectos clave na regulación emocional frecuentemente esquecidos.

Habilidades, competencias e recursos dos educadores: dos que "o consiguen" e dos que "restan".

As condutas que nos preocupan: por que Xoan necesita interrumpir constantemente a clase?, por que María necesita fuxir?.

Como acompañar e apoiar nas situacións difíciles.

Estratexias para o establecemento de relacións e entornos seguros e confortables que disminúan o estrés e promovan a aprendizaxe, a participación e vidas de calidade na escola".

Este podería ser un resumo do que nos amosará nesta formación de 8 horas o 25 de Xaneiro de 2025.

Se eres profesor, necesitas coñecer ao teu alumnado autista e se eres familia tamén porque ás veces, aínda que pensemos que coñecemos aos nosos familiares no esprectro, non podemos axudalos sen as ferramentas necesarias. Ven a adquirilas nesta "1ª Xornada sobre o Espectro Autista".

Primeira vez en Ribeira en na Barbanza!!!

INSCRIPCIONES????

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfxR0jhBsL-ZiBYOb84bklrpIraegpMWHhnqGTHL67Ipo0tnA/viewform?usp=header

Noticias relacionadas

Jornadas Altas Capacidades de Vigo 13 Out

Jornadas Altas Capacidades de Vigo

Tras su primera edición, las Jornadas de Altas Capacidades de Vigo regresan para seguir compartiendo conocimiento, experiencias y nuevas perspectivas sobre las altas capacidades, el desarrollo del talento y la respuesta educativa. Un espacio de encuentro dirigido a profesionales, familias y todas
A nena e o grilo. Camiño das cores. 9 Out

A nena e o grilo. Camiño das cores.

Dende o concello ofrecen unha nova actividade de dinamización do uso da lingua galega para o público familiar este luns que vén, 12/10/2026 ás 19.00 h no Auditorio Municipal. As nenas e os nenos de Ribeira, coas súas familias, van gozar dunha nova proposta da Rede de Dinamización Lingüística. O
X Xornadas anuais TDAH Sanlés 7 Out

X Xornadas anuais TDAH Sanlés

Boas,  Dende a Asociación Tdah Salnés remitennos esta presentación inicial das X XORNADAS ANUAIS “CAMIÑANDO NO TEMPO”, sobre Tdah y otras neurodiverxencias , que tendrán lugar o vindeiro sábado 24 de octubre de 2026, no Auditorio do Concello de Cambados, organizadas pola Asociación Tdah
Charla: Autismos de maior nivel de necesidade 22 Set

Charla: Autismos de maior nivel de necesidade

Bo día: Comunicamos a realización do seguinte evento a Asociación de Trastornos do Espectro Autista do Barbanza - BarbanTEA. Volven os Tardea con BarbanTEA! «Autismos de maior nivel de necesidade» Que implica que unha persoa autista precise apoios intensos? Como podemos comprender mellor as