Novidades de ANPA Palmeira

Obra teatral: Wombo Combo

Publicado: 15 de outubro de 2024, 20:55
  1. Actividades fóra da escola
Obra teatral: Wombo Combo

Wombo Combo de Galeatro este domingo 20 de outubro ás 19.00 h no novo Auditorio Municipal.

Para público a partir de 8 anos.

Apertura de portas ás 18.30 h

Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Espectáculo gratuíto!

 

O programa de dinamización do galego FalaRedes chega a Ribeira no tempo do outono con esta obra escrita por Paula Carballeira, Premio Nacional de Literatura Dramática en 2023.

 

Wombo Combo está dirixida á mocidade e ao público xeral a partir de 8 anos, nunha reflexión sobre as vidas virtuais e a soidade na adolescencia, contemplamos como o bo ou mal uso das redes sociais, presentes na nosa vida cotiá, pode levarnos a un desenvolvemento persoal óptimo ou á frustración e ao illamento.

 

Este domingo podemos asistir ao teatro en familia, nunha sesión gratuíta dentro da oferta de programación da Rede de Dinamización Lingüística á que pertence o Concello de Ribeira. E tamén os mozos e mozas de Ribeira tendes a oportunidade de ver este novo espectáculo no novo Auditorio de Ribeira, un espectáculo que fala do voso día a día, da relación que mantemos coas nosas RRSS. Cunha posta en escena colorista, próxima e dinámica, veremos o noso mundo “real” de carne e óso contraposto ao virtual, nun espazo, o teatro, que nos leva á diversión e tamén á reflexión.

 

Sinopse:

 

A Sara no lle gusta a súa vida. Ou polo menos a que chaman a súa vida real. Nesa vida real nada lle vai ben: non ten case amigas e moito menos amigos, búrlanse do seu aspecto, non é brillante nos estudos, nin sequera mediocre. Sara ten a sensación de que podería desaparecer e ninguén se decataría. Pero Sara ten outra vida, na que xoga en liña con ducias de persoas, ten éxito e é imbatible nas loitas. Sara pasa cada vez máis tempo nesa vida virtual e menos na vida real. Deixa de falar, de comer, de durmir. Ata que entra nun videoxogo novo, “Revamp”, onde unha misteriosa voz en off lle vai propoñendo retos que debe cumprir na vida real se non quere sufrir as consecuencias. A partir dese momento, Sara toma consciencia de que non é posible unha vida sen a outra.

 

Intérpretes: Alba Bermúdez, Mario Rodríguez, Tone Martínez

Espazo escénico e vestiario: Anahí Taraburelli

Espazo sonoro: Davide González

Deseño Iluminación: Nacho Martín

Dramaturxia: Paula Carballeira

Dirección: Davide González

Noticias relacionadas

Jornadas Altas Capacidades de Vigo 13 Out

Jornadas Altas Capacidades de Vigo

Tras su primera edición, las Jornadas de Altas Capacidades de Vigo regresan para seguir compartiendo conocimiento, experiencias y nuevas perspectivas sobre las altas capacidades, el desarrollo del talento y la respuesta educativa. Un espacio de encuentro dirigido a profesionales, familias y todas
A nena e o grilo. Camiño das cores. 9 Out

A nena e o grilo. Camiño das cores.

Dende o concello ofrecen unha nova actividade de dinamización do uso da lingua galega para o público familiar este luns que vén, 12/10/2026 ás 19.00 h no Auditorio Municipal. As nenas e os nenos de Ribeira, coas súas familias, van gozar dunha nova proposta da Rede de Dinamización Lingüística. O
X Xornadas anuais TDAH Sanlés 7 Out

X Xornadas anuais TDAH Sanlés

Boas,  Dende a Asociación Tdah Salnés remitennos esta presentación inicial das X XORNADAS ANUAIS “CAMIÑANDO NO TEMPO”, sobre Tdah y otras neurodiverxencias , que tendrán lugar o vindeiro sábado 24 de octubre de 2026, no Auditorio do Concello de Cambados, organizadas pola Asociación Tdah
Charla: Autismos de maior nivel de necesidade 22 Set

Charla: Autismos de maior nivel de necesidade

Bo día: Comunicamos a realización do seguinte evento a Asociación de Trastornos do Espectro Autista do Barbanza - BarbanTEA. Volven os Tardea con BarbanTEA! «Autismos de maior nivel de necesidade» Que implica que unha persoa autista precise apoios intensos? Como podemos comprender mellor as