Novidades de ANPA Palmeira

Obradoiro: A biblioteca ideal

Publicado: 20 de maio de 2025, 13:46
  1. Actividades fóra da escola
Obradoiro: A biblioteca ideal

Este sábado 24 de maio ás 12.00 h temos obradoiro creativo no Centro Cultural Lustres Rivas.

“A biblioteca ideal”, Náufragos teatro. Ler Conta Moito 2025

Obradoiro para nenos e nenas a partir de 4 anos coas súas familias.

Data: 24 de maio, sábado

Hora: 12.00 h

Lugar: Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira

Para participar reservade a vosa praza, por favor, enviando un correo a normalizacion@ribeira.gal

Crearemos un gran libro no que imaxinar cal sería a nosa biblioteca ideal. Que actividades tería? Sería unha biblioteca espacial? Ou unha biblioteca ao aire libre? Ou unha biblioteca feita de papel?

 

Noticias relacionadas

Excursión Granxa Escola de Bergando 2 Xuño

Excursión Granxa Escola de Bergando

Este ano para rematar o curso promovemos unha excursión de convicencia con todas as familias interesadas en pasar un bo rato connosco.  Anotádevos no teléfono da ANPA antes do días 5 de xuño.  PLAZAS LIMITADAS. 
Charla informativa 26 Maio

Charla informativa

Bos días, Aquí estamos de novo para presentarvos o vindeiro TARDEA CON BARBANTEA. O día 30 de maio en horario de 17:00 a 20:00 terá lugar unha charla para as familias e as persoas autistas que queiran compartir inquedanzas, experiencias, dúbidas e calquer outra consulta que surxa. Estarán
Acceso ao conservatorio municipal 14 Maio

Acceso ao conservatorio municipal

Bos días, deixamosvos información para o acceso ao conservatorio municipal.    Esperamos que sexa do voso interese.