Novidades de ANPA Palmeira

Obradoiro de banda deseñada con Inés Vázquez

Publicado: 13 de novembro de 2024, 14:12
  1. Actividades fóra da escola
Obradoiro de banda deseñada con Inés Vázquez

Este sábado 16 de novembro ás 12.00 h hai actividade no Lustres Rivas para as persoas máis pequenas da casa.

FalaRedes trae a Ribeira un obradoiro de banda deseñada!!!!

Con Inés Vázquez imos aprender a crear personaxes, e contar historias coas imaxes que nós queiramos. Nun ambiente de traballo ameno, apoiado ademais con proxección de materiais visuais, unha nova forma de narrar nacerá das nosas mans.

Obradoiro de banda deseñada con Inés Vázquez. FalaRedes

Data: 16/11/2024

Hora: 12.00 h (remate ás 13.15 h)

Lugar: Centro Cultural Lustres Rivas

Recomendado a partir de 6 anos.

Inscrición. Para participar envíen por favor un correo co número de nenos e nenas, idades, e contacto dunha persoa adulta a normalizacion@ribeira.gal

Vémonos no Centro Cultural Lustres Rivas!

Noticias relacionadas

Andaina solidaria a favor de Barbantea 24 Mar

Andaina solidaria a favor de Barbantea

Este ano dende Barbantea están organizando unha andaina aínda máis especial. E dinnos o seguinte: "Queremos propoñervos ós centros educativos da nosa comarca unha proposta, unha idea, para poder ensinarlle ó mundo que a infancia e a xuventude do BARBANZA están a prol dunha sociedade máis aberta,
Charla: Xenétca TEA e TDAH 18 Mar

Charla: Xenétca TEA e TDAH

Bos días, estamos encantados de anunciarvos o próximo TARDEA CON BARBANTEA,no que teremos a visita do Doutor Ángel Carracedo, un dos máisprestixiosos xenetistas do panorama nacional. Dará unha charla moiinteresante sobre a relación da Xenética co Autismo e o Tdah. NON épreciso anotarse, é por orde
3 de Marzo: Día mundial da vida silvestre 3 Mar

3 de Marzo: Día mundial da vida silvestre

O Día Mundial da Vida Silvestre celébrase no CMRM do Parque Natural de Corrubedo neste 2026 baixo o tema fundamental “Plantas medicinais e aromáticas: conservar a saúde, o patrimonio natural e os medios de subsistencia" Todas as persoas dependen da vida silvestre e dos recursos derivados da
Presentación do libro: China, ameaça ou esperança? A realidade dunha revoluçaopragmática. 25 Feb

Presentación do libro: China, ameaça ou esperança? A realidade dunha revoluçaopragmática.

Dende a A. C. Altofalante, pracelles convidarvos, a asistir á presentación do libro “China, ameaça ou esperança? A realidade de uma revolução pragmática”. Teremos a posibilidade de coñecer a través de Duarte Correa (analista internacional) e Xavier García (autor da obra e xornalista