Novidades de ANPA Palmeira

Presentación da obra: "Castelao, desta terra e deste tempo"

Publicado: 15 de setembro de 2025, 12:42
  1. Actividades fóra da escola
Presentación da obra: "Castelao, desta terra e deste tempo"

Con motivo do 75º aniversario da morte de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, dende a A. C. Altofalante, organizan un acto para o xoves 18, ás 20:00h no Centro Cultural Lustres Rivas.

Terá lugar a presentación da obra “Castelao, desta terra e deste tempo”, onde da man do seu autor Manuel Rei, teremos a posibilidade de coñecer a través dunha mensaxe integral e sen deturpacións, a figura de Castelao.

Por ende, prace convidarvos a todos ao acto. 

Noticias relacionadas

Excursión Granxa Escola de Bergando 2 Xuño

Excursión Granxa Escola de Bergando

Este ano para rematar o curso promovemos unha excursión de convicencia con todas as familias interesadas en pasar un bo rato connosco.  Anotádevos no teléfono da ANPA antes do días 5 de xuño.  PLAZAS LIMITADAS. 
Charla informativa 26 Maio

Charla informativa

Bos días, Aquí estamos de novo para presentarvos o vindeiro TARDEA CON BARBANTEA. O día 30 de maio en horario de 17:00 a 20:00 terá lugar unha charla para as familias e as persoas autistas que queiran compartir inquedanzas, experiencias, dúbidas e calquer outra consulta que surxa. Estarán
Acceso ao conservatorio municipal 14 Maio

Acceso ao conservatorio municipal

Bos días, deixamosvos información para o acceso ao conservatorio municipal.    Esperamos que sexa do voso interese.