Novidades de ANPA Palmeira

Teatro: "Nube, nube, sol"

Publicado: 17 de outubro de 2025, 11:28
  1. Actividades fóra da escola
Teatro: "Nube, nube, sol"

Este sábado 18 de outubro ás 12.00 h hai unha proposta para toda a familia no Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira

“Nube, nube, sol” de Teatro ao Cubo

Teatro para nenos e nenas de 0 a 12 anos coas súas familias

Sábado, 18 de outubro ás 12.00 h

Centro Cultural Lustres Rivas

Gratuíto... E haberá regaliños para todo o público!

As nubes chegan. Chove. Sae o sol. A natureza esperta para encherse de cores. Ó amparo dos paraugas atoparemos agocho, bailaremos, cantaremos, e acompañados de pintorescos animais seremos parte da mesma paisaxe. “Nube, nube, sol” métenos de cheo na diversión e na aprendizaxe de todo o que a choiva e o sol provocan na nosa contorna. A través do corpo, o xesto, o canto e a música, Teatro ao Cubo achega á infancia a maxia dos ciclos da natureza e a importancia da choiva para que todo medre.

Bebés, vinde ao Centro Cultural Lustres Rivas J! A obra é moi xestual, os nenos e as nenas de menos idade que asistan tamén comprenderán moi ben o que sucede no escenario.

Ao rematar a función a Biblioteca Municipal está aínda aberta e podemos ir coller os nosos libros favoritos.

 

Vémonos nos contos!

 

Noticias relacionadas

Jornadas Altas Capacidades de Vigo 13 Out

Jornadas Altas Capacidades de Vigo

Tras su primera edición, las Jornadas de Altas Capacidades de Vigo regresan para seguir compartiendo conocimiento, experiencias y nuevas perspectivas sobre las altas capacidades, el desarrollo del talento y la respuesta educativa. Un espacio de encuentro dirigido a profesionales, familias y todas
A nena e o grilo. Camiño das cores. 9 Out

A nena e o grilo. Camiño das cores.

Dende o concello ofrecen unha nova actividade de dinamización do uso da lingua galega para o público familiar este luns que vén, 12/10/2026 ás 19.00 h no Auditorio Municipal. As nenas e os nenos de Ribeira, coas súas familias, van gozar dunha nova proposta da Rede de Dinamización Lingüística. O
X Xornadas anuais TDAH Sanlés 7 Out

X Xornadas anuais TDAH Sanlés

Boas,  Dende a Asociación Tdah Salnés remitennos esta presentación inicial das X XORNADAS ANUAIS “CAMIÑANDO NO TEMPO”, sobre Tdah y otras neurodiverxencias , que tendrán lugar o vindeiro sábado 24 de octubre de 2026, no Auditorio do Concello de Cambados, organizadas pola Asociación Tdah
Charla: Autismos de maior nivel de necesidade 22 Set

Charla: Autismos de maior nivel de necesidade

Bo día: Comunicamos a realización do seguinte evento a Asociación de Trastornos do Espectro Autista do Barbanza - BarbanTEA. Volven os Tardea con BarbanTEA! «Autismos de maior nivel de necesidade» Que implica que unha persoa autista precise apoios intensos? Como podemos comprender mellor as