Novidades de ANPA Palmeira

Samaín no Parque Natural

Publicado: 26 de outubro de 2026, 13:12 (Onte)
  1. Actividades fóra da escola
Samaín no Parque Natural

Bo día!

Con motivo da celebración do ?? Samaín, desde o Parque Natural Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán, queren convidarvos a participar en «O Camiño das Ánimas», unha xincana temática coa que poderedes gozar dunha experiencia diferente, chea de misterio, lendas e tradicións galegas.

Cando chega o Samaín, a liña que separa o mundo dos vivos do mundo dos mortos vólvese tan fina que as ánimas dos devanceiros poden regresar para visitar os seus antigos fogares. Pero este ano aconteceu algo estraño… Algunhas ánimas perderon o camiño mentres percorrían o Parque Natural e precisan axuda para regresar ao lugar que lles corresponde. Atrevédesvos a axudalas?

A través do Camiño das Ánimas, poderedes percorrer diferentes lugares do Parque Natural, resolver enigmas, descubrir pistas e superar misteriosas probas relacionadas coas lendas, as crenzas populares e as tradicións galegas arredor do Samaín e do tempo de Defuntos.

Haberá dúas opcións de percorrido, pensadas para diferentes idades e públicos:

Camiño da Praia: unha proposta dirixida ao público familiar, ideal para gozar desta aventura de Samaín en familia.
Camiño da Auga: unha experiencia pensada para o público adulto e a mocidade, con enigmas e misterios para poñer a proba a vosa capacidade de observación e resolución.


?? Cando? Sábado 31 de outubro (mañá 10:30 a 14:30 horas e tarde 16:00 a 18:00 horas) e domingo 1 de novembro (mañá 10:30 a 14:30 horas).

?? Onde? No Parque Natural, con inicio e final na Casa da Costa.

 

 

Equipo de Educación Ambiental

Parque Natural Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán
 
O Vilar, Carreira. 15967 Ribeira (A Coruña)
Tfno.: 881 867 645  |  647 415 462

Archivos adjuntos

explicacion xincana samain 2026.pdf

Descargar

Noticias relacionadas

Taller sobre sexualidade para rapazada de 10 a 13 anos 20 Out

Taller sobre sexualidade para rapazada de 10 a 13 anos

Achegamos información sobre o taller gratuíto que se realizará este venres en Rianxo dirixido a rapazada de 10 a 13 anos, tanto neurotípica como neurodiversa: ??? O mapa da túa sexualidadeMedrar trae cambios, preguntas e curiosidade. Ter información e poderfalar de sexualidade con naturalidade e
Jornadas Altas Capacidades de Vigo 13 Out

Jornadas Altas Capacidades de Vigo

Tras su primera edición, las Jornadas de Altas Capacidades de Vigo regresan para seguir compartiendo conocimiento, experiencias y nuevas perspectivas sobre las altas capacidades, el desarrollo del talento y la respuesta educativa. Un espacio de encuentro dirigido a profesionales, familias y todas
A nena e o grilo. Camiño das cores. 9 Out

A nena e o grilo. Camiño das cores.

Dende o concello ofrecen unha nova actividade de dinamización do uso da lingua galega para o público familiar este luns que vén, 12/10/2026 ás 19.00 h no Auditorio Municipal. As nenas e os nenos de Ribeira, coas súas familias, van gozar dunha nova proposta da Rede de Dinamización Lingüística. O
X Xornadas anuais TDAH Sanlés 7 Out

X Xornadas anuais TDAH Sanlés

Boas,  Dende a Asociación Tdah Salnés remitennos esta presentación inicial das X XORNADAS ANUAIS “CAMIÑANDO NO TEMPO”, sobre Tdah y otras neurodiverxencias , que tendrán lugar o vindeiro sábado 24 de octubre de 2026, no Auditorio do Concello de Cambados, organizadas pola Asociación Tdah