Novidades de ANPA Palmeira

Novidades de ANPA Palmeira - Páxina 7

Neste apartado mostrámosche todas as novas e novidades relacionadas coa nosa asociación de nais e pais do CEIP Plurilingüe de Palmeira.

Obradoiros de Nadal no Parque Natural: Crackers para fin de ano 22 Dec

Obradoiros de Nadal no Parque Natural: Crackers para fin de ano

22/12/2024 Actividades fóra da escola

O vindeiro venres 27 de decembro hai un obradoiro para crear crakers. Que son?  Pois son tubos de cartón decorados con papeis de cores e distintas sorpresas no seu interior. Orixinarios de Reino Unido, gañan popularidade noutros países adaptándose a diferentes culturas e tradicións. Máis aló de ser un simple artigo festivo, os crackers de Nadal representan a unión, a sorpresa e a alegría de compartir. Dirixido a: todos os públicos; nenos/as acompañados dunha persoa adulta. Horario: 11:30 a 12...

Ler máis

Formación: 1ª xornada sobre o espectro autista. 20 Dec

Formación: 1ª xornada sobre o espectro autista.

20/12/2024 Actividades fóra da escola

Hoxe traemos unha noticia moi moi importante para profesorado e familias. Por fin compartimos esta formación de 8 horas coa psicóloga especialista no espectro autista: Marlene Horna. Fai pouco falamos dela nunha publicación xa que é un referente tanto a nivel nacional como internacional no autismo. As súas formacións son potentes aprendizaxes e neste caso o tema da formación será a "Comprensión, participación e benestar emocional de nenas/os e adolescentes autistas na escola". "Ponte no meu lu...

Ler máis

Campamento Nadal Concilia 3 Dec

Campamento Nadal Concilia

03/12/2024 Actividades de interese na escola

Estas vacacións pasádeas no noso campamento Concilia de Nadal. Terá lugar no CEIPP de Palmeira os días 23, 24, 26, 27, 30, 31 de decembro e o 2, 3, 7 de xaneiro en horario de 9:30 a 14:00, con posibilidade de madruga e/ou saída tardía. Non volo perdades que ven cargado de actividades e sorpresas. Apúntate no seguinte WhatsApp (650 19 91 62) ou correo (anpapalmeira@hotmail.com) da Anpa SI436C- Axudas económicas ás ANPA: programa do Plan Corresponsables a desenvolver polas asociacións de nais ...

Ler máis

Obradoiro: Ves facer a bandeira galega con nós? 22 Nov

Obradoiro: Ves facer a bandeira galega con nós?

22/11/2024 Actividades fóra da escola

Ola! Este sábado temos obradoiro para as persoas máis pequenas da casa coas súas familias. Imos facer bandeiras galegas todas cantas queiramos! Hai agora 106 anos que se convocou a I Asemblea Nacionalista da Irmandades da Fala e seguindo o seu ronsel xuntámonos para facermos en común bandeiras galegas e que cadaquén a poida levar para a casa.   Vés facer a bandeira galega con nós? Obradoiro para nenos e nenas coas súas familias (a partir de 3 anos) Data: 23/11/2024 Hora: 12.00 h Lugar: C...

Ler máis

Charla: Máis alá da conduta 19 Nov

Charla: Máis alá da conduta

19/11/2024 Actividades fóra da escola

Charla impartida pola logopeda e psicopedagoga Silvia Álvarez. Este sábado 23 de novembro ás 11:00 h. na Casa da Xuventude de Ribeira. Unha charla de balde para comprender e xestionar os pequenos conflitos cotiás con nen@s neurodiverxentes, onde se darán estratexias prácticas de resolución tanto para familias como para profesorado. Non faltedes.

Ler máis

Campamento: Conciliamos en decembro 18 Nov

Campamento: Conciliamos en decembro

18/11/2024 Actividades de interese na escola

Esta ponte ofrecémoste a oportunidade de pasar un día diferente en compañía de amigos e amigas.  No CEIPP de Palmeira ofertamos un día de diversión asegurada o día 6 de decembro en horario de 09:00 a 14.00 horas, con xogos e animación.  Anótate no teléfono ou no correo da ANPA: 650199162 ou anpapalmeira@hotmail.com SI436C- Axudas económicas ás ANPA: programa do Plan Corresponsables a desenvolver polas asociacións de nais e pais Actuación financiada pola Dirección Xeral de Promoción da Igual...

Ler máis