Novidades de ANPA Palmeira

Xornada formativa " CLAVES PARA COMPRENDER  E ACOMPAÑAR O DESENVOLVEMENTO INFANTIL"

Publicado: 19 de maio de 2025, 13:44
  1. Actividades fóra da escola

XORNADA" CLAVES PARA COMPRENDER  E ACOMPAÑAR O DESENVOLVEMENTO INFANTIL"

DÍA: 31 de maio 

HORARIO: de 9:00 á 14:00 horas

LUGAR: Hotel Eurostar Atlántico. Salón Cunqueiro. Planta P utilizando ascensor. Planta 2 se subes a pé.

Esta forrmación terá como relatores a Lorena Cotelo, terapeuta ocupacional, e Jacobo Mosquera, educador social, profesionais cunha ampla traxectoria no acompañamento á infancia e ás súas familias.

Por que é relevante esta xornada?
Na nosa práctica diaria, recollermos con frecuencia as inquedanzas das familias ante temas como as dificultades de aprendizaxe, o TDAH, a dislexia ou os trastornos do procesamento sensorial. Esta xornada nace para dar resposta a esas preocupacións, ofrecendo unha visión clara, comprensible e práctica para o día a día; sendo especialmente recomendable para aquelas familias con fillos/as que están a facer a transición de Educación Infantil a Primaria, unha etapa clave onde unha detección e comprensión temperá pode previr dificultades futuras. 

Ademais, entregaráselles aos/ás asistentes material complementario sobre temas como a alimentación selectiva, a enurese e a encoprese. Aínda que non haberá tempo para profundizar neles durante a xornada, son cuestións que tamén xeran preocupación en moitas familias e consideramos importante ofrecer información ao respecto.

Contidos da xornada:
 

Desenvolvemento infantil e pirámide do desenvolvemento

Sinais de alerta: cando preocuparse

Dificultades de aprendizaxe: causas e detección

Atención, memoria e lectoescritura

Comprender o TDAH, a dislexia e o procesamento sensorial no contexto escolar.

 

PAUSA CAFE

 

Estratexias prácticas para o fogar

Desafíos na conduta infantil e a súa relación co desenvolvemento


Influencia do entorno familiar no desenvolvemento infantil

Acompañamento respectuoso e empático

Educar con conciencia, agarimo e límites saudables

Cremos firmemente que este espazo pode marcar unha gran diferenza no acompañamento consciente e positivo da infancia. Para inscribirse, picade na ligazón ou utilizade o codigo QR do cartaz, que  achegamos no documento adxunto

 

Archivos adjuntos

XORNADA DE FORMACIÓN PARA FAMILIAS DE EDUCACION PRIMARIA.pdf

Descargar

Noticias relacionadas

Excursión Granxa Escola de Bergando 2 Xuño

Excursión Granxa Escola de Bergando

Este ano para rematar o curso promovemos unha excursión de convicencia con todas as familias interesadas en pasar un bo rato connosco.  Anotádevos no teléfono da ANPA antes do días 5 de xuño.  PLAZAS LIMITADAS. 
Charla informativa 26 Maio

Charla informativa

Bos días, Aquí estamos de novo para presentarvos o vindeiro TARDEA CON BARBANTEA. O día 30 de maio en horario de 17:00 a 20:00 terá lugar unha charla para as familias e as persoas autistas que queiran compartir inquedanzas, experiencias, dúbidas e calquer outra consulta que surxa. Estarán
Acceso ao conservatorio municipal 14 Maio

Acceso ao conservatorio municipal

Bos días, deixamosvos información para o acceso ao conservatorio municipal.    Esperamos que sexa do voso interese.