Asociación de Nais e Pais do CEIP Plurilingüe de Palmeira

Asociación de Nais e Pais do CEIP Plurilingüe de Palmeira

Á vosa disposición para todo o que necesitedes

650 199 162

Coñece a ANPA Palmeira

ANPA Palmeira somos unha asociación de pais e nais que traballan durante todo o ano, de forma voluntaria, para representar e defender os dereitos dos nosos fillos e dos propios pais e titores legais. Ademais, tamén nos encargamos de ofrecer servizos complementarios á oferta propia do colexio. Algúns dos servizos que ofrecemos son:

  • Banco de libros de texto
  • Actuacións e talleres con moita relevancia social
  • Viaxes e excursións lúdicas e culturais
  • Escola de familia
  • Descontos en tendas e outros establecementos para socios
  • Colaboracións con outras asociacións
  • Contamos con Seguro de Responsabilidade Civil e outro de Accidentes
Ver presentación
Coñece a ANPA Palmeira

De que nos encargamos desde o ANPA?

Icono de  Actividades extraescolares

Actividades extraescolares

Encargámonos de organizar un gran número de actividades extraescolares, podendo elixir entre idiomas, deportes... Ademais, moitas das nosas actividades están feitas para todo o mundo, polo que se o neno presenta necesidades especiais, sempre podedes consultar que actividades se poden adaptar a el.

Ver actividades
Icono de Comedor

Comedor

Contamos cun servizo de comedor, dispoñible para todos os alumnos do colexio, e, ademais, en caso de ser socio do ANPA estarás cuberto polos nosos seguros. Este servizo está dispoñible todos os días entre as 14:00 e as 16:00. Dispoñemos de menús iguais para todos, menos para casos de alerxias, intolerancias... Onde contamos cun menú especial.

Ver normativa
Icono de Servizo de madrugadores

Servizo de madrugadores

Para eses pais que teñen un horario que lle imposibilita conciliar a súa vida laboral coa familiar, poñemos á súa disposición o servizo de madrugadores, dispoñible todos os días lectivos do ano, desde as 7:00 ata as 9:00. Estarán atendidos por monitores e poderán estar na sala do comedor e tamén utilizar os baños.

Ver normativa

Mantente ao día de todas as novidades

Exhibición actividades extraescolares 16 Xuño

Exhibición actividades extraescolares

O xoves 19 de xuño terá lugar no Polideportivo Torres Colomer unha exhibición de ballet e kempo. Os nenos e nenas que acudiron a estas actividades organizadas pola ANPA durante o curso escolar demostrarannos canto aprenderon e o ben que o fan. Non volo podedes perder. Anotadeo no voso calendario. Lugar: Polideportivo Torres Colomer  Data: 19 de xuño Hora: 16:30 horas Agardámosvos.
Espectáculo Calavera Circus 15 Xuño

Espectáculo Calavera Circus

Este luns día 16 de xuño, para todo o alumnado do CEIPP de Palmeira, imos ofrecerlles un espectáculo inolvidable. Calavera Circus, un espectáculo colaborativo para todos os nenos e nenas do colexio, co que se divertirán un montón.  De 10:00 a 11:30 horas para o alumnado de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria De 12:00 a 13:30 horas para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria Un espectáculo levado a cabo coa financiación da Rede Cultural da Deputación da Coruña.  
Charla: Lecturas fabulosas para o verán 5 Xuño

Charla: Lecturas fabulosas para o verán

Este xoves 5 de xuño o Concello de Ribeira en colaboración con Barbantia propón unha nova cita ás 20.00 h no Centro Cultural Lustres Rivas para asistir  á charla-coloquio titulada *LECTURAS FABULOSAS PARA O VERÁN* impartida pola pedagoga Pilar Sampedro.  A charla ten unha finalidade motivadora e de animación á lectura para as crianzas, polo que está aberta ao público xeral e especialmente dirixida a educadores/as, profesores/as, pais/nais e nenos e nenas.   “Lecturas fabulosas para o verán”. Pilar Sampedro Asociación Cultural Barbantia e Concello de Ribeira Data: 05/06/2025, xoves Hora:
Asamblea xeral ordinaria de socios da ANPA 4 Xuño

Asamblea xeral ordinaria de socios da ANPA

Convocatoria: Asamblea Xeral Ordinaria da ANPA do CEIPP de Palmeira Lugar: Salón de usos múltiples do CEIPP de Palmeira Data: 17 de xuño de 2025 Hora: 17:00 h ORDE DO DÍA • Lectura e aprobación da acta anterior. • Memoria do curso 2024/25. • Consello Escolar do centro e Consello Escolar Municipal. • Comedor escolar • Servizo de madrugadores. • Situación das subvencións solicitadas pola ANPA. • Páxina web da ANPA. • Lectura e aprobación do estado de contas do curso 2024/25 • Rogos e preguntas   Palmeira, 4 de xuño de 2025  
Campamento de verán: Kids Summer Camp Palmeira 27 Maio

Campamento de verán: Kids Summer Camp Palmeira

?? *CAMPAMENTO DE VERÁN 2025 - PALMEIRA* ?? Xa está aberta a inscrición para o noso campamento de verán! Este ano dividimos o campa en dúas quendas para que escollades a que mellor se adapta á vosa familia: ?? *Datas:* * 1ª Quenda:  *MES DE XULLO** 2ª Quenda: *MES DE AGOSTO* ?? **Horario:** * *Madruga:* 8:00h - 10:00h* *Parte xeral:* 10:00h - 14:00h ?? *Prezos:* ?? *Para asistir a 1 quenda:* * Parte xeral: 130€* Madruga: 40€ ?? *Para asistir ás 2 quendas:* * Parte xeral: 240€* Madruga: 70€ ?? *Inscrición aberta ata o 15 de xuño:* https://forms.gle/k2E6KuN4aS2wbxvh7 ?? En
Alondra Teatro: O Merlo Branco 20 Maio

Alondra Teatro: O Merlo Branco

Por fin temos carteliño!!! Estes rapaces e rapazas traballaron arreo para ofrecernos cartel da súa próxima función. Lembrade, o 24 de maio na Sociedade Hijos de Palmeira ás sete e media da tarde. Abren portas media horiña antes. O autor, Cándido Pazó estará con nós para presentar a obra e nos ha de contar algunha historia.... Ademáis sortearanse regaliños doados por empresas locais... Seguro que o próximo sábado non tendes nadiña mellor que facer! Vinde ao teatro!!! Colaboran a @anpa_ceipp_palmeira e @educacionconcello de Ribeira.
Faite socio e colabora co noso traballo

Faite socio e colabora co noso traballo

Se queres formar parte desta asociación podes facerte socio por 20 euros ao ano por familia, xa que os nosos principais fondos parten de dita cota, aínda que tamén pedimos subvencións á Deputación da Coruña e ás Consellerías da Xunta de Galicia.

Xunta directiva

  • Beatriz Pillado Pardavila - Presidenta
  • María Teresa López Barreiro - Vicepresidenta
  • Paloma Barreiro Cerqueiras - Secretaria
  • Alicia López Mayán - Tesoreira
  • Anxos Torrado Blanco - Vogal
  • Andrea Sieira Rivas - Vogal
  • María Benita Redondo Fernández - Vogal

Algunhas das actividades extraescolares que ofrecemos

Idiomas

Se queres que os teus fillos aprendan idiomas, dispoñemos de clases de inglés para infantil e primaria, tendo dous días de clase por semana. Ademais, tamén contamos con leccións de lingua de signos, neste caso para infantil, primaria e adultos, e ofrécese unha clase semanal.

Deportes

No caso de buscar actividades que impliquen máis movemento, dentro das nosas clases extraescolares ofrecemos leccións de kenpo karate, para infantil e para primaria e realízanse dous días á semana. Tamén ofrecemos unha clase semanal de parkour para infantil e primaria.

Contacta con ANPA Palmeira

Contacta con ANPA Palmeira

Se desexas solicitar máis información sobre a nosa asociación de pais e nais, desexas unirte ou queres resolver algunha dúbida, non esperes máis e contacta connosco. Atenderémoste encantados.

Contactar